Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso sobre apoio ao emprendemento e dinamización do tecido empresarial

    Cursos / Mércores, 14 de Novembro de 2018.

    A través do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Economía, Emprego e Industria para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación convócase un curso sobre apoio ao emprendemento e dinamización do tecido empresarial.


    Participantes: o persoal da rede de técnicos de emprego de Galicia (axentes de emprego e desenvolvemento local e axentes de emprego de institucións) e da Secretaría Xeral de Emprego e o persoal da Xunta de Galicia que se encontre en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/ha fillo/a ou familiar e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

    Matrícula: desde as 8 horas do 15 de novembro ás 23.55 horas do 21 de novembro en http://egap.xunta.gal/matricula

    Obxectivos: dotar os/as axentes de emprego dos coñecementos necesarios para o asesoramento aos/as emprendedores/as.
    Modalidade: mixta (5 horas presenciais e 25 horas de teleformación)
    Duración: 30 horas
    Edicións: 1
    Datas: do 24 de novembro ao 22 de decembro de 2018 (sesión presencial o día 24 de novembro das 9.00 ás 14.00 horas)
    Proba final: 22 de decembro, das 8.00 ás 23.55 horas
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 718 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212