Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de formación de carácter obrigatorio en PRL dirixido ao persoal ao servizo da Administración de xustiza

    Cursos / Mércores, 14 de Novembro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca cursos online de prevención destinados a aqueles/as funcionarios/as que prestan os seus servizos na Administración de xustiza en Galicia. Esta convocatoria, dirixida ao persoal que presta os seus servizos nos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo e Ourense, garantirá que os/as funcionarios/as dos corpos de médicos forenses, xestión administrativa e procesual, tramitación administrativa e procesual e auxilio xudicial posúan a preceptiva formación en materia de riscos laborais.


    Participantes: o curso convocado ten carácter obrigatorio para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que teña o seu destino nos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo e Ourense, salvo aqueles solicitantes que xa o realizaran coa EGAP con anterioridade.

    Matrícula: desde as 8 horas do 15 de novembro ás 23.55 horas do 22 de novembro en http://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 14 de novembro
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 717 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212