Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada A Lei reguladora da Xurisdición Contencioso-administrativa, vinte anos despois

    Xornadas / Luns, 12 de Novembro de 2018.

    A lei do ano 1956 culminou o proceso de implantación da xurisdición contencioso-administrativa en España coa creación dunha figura, a dos/as maxistrados/as especialistas, que impulsou o seu desenvolvemento xunto cos/as maxistrados/as que procedían da quenda xeral da carreira xudicial.


    Corenta e dous anos despois viu a luz o texto actualmente vixente, en relación ao cal viñéronse producindo diversas modificacións, singularmente en materia de competencias, costas procesuais e, sobre todo, no réxime xurídico do recurso de casación.
    Neste intre o debate céntrase na cuestión de se é necesario un novo texto legal ou, pola contra, basta o vixente con modificacións puntuais nalgúns institutos que cada vez teñen maior incidencia, entre os que destacan a mediación; a posibilidade de volver sobre as costas procesuais para eliminar o vencemento obxectivo; a necesidade de xeneralizar un procedemento abreviado, mesmo ante os órganos colexiados, ou a de implantar a dobre instancia no contencioso-administrativo e, deste xeito, dar o seu propio sentido ao recurso de casación.

    Destinatarios: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto de xustiza como autonómica e local, dos entes instrumentais da comunidade autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
    Data: 28 de novembro de 2018
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 8 horas lectivas
    Matrícula: desde as 8h do 13 de novembro ata as 23:55 h do 23 de novembro en https://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 12 de novembro ou na ficha da xornada
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 716 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212