A lei do ano 1956 culminou o proceso de implantación da xurisdición contencioso-administrativa en España coa creación dunha figura, a dos/das maxistrados/as especialistas, que impulsou o seu desenvolvemento xunto cos/as maxistrados/as que procedían daquenda xeral da carreira xudicial.
Corenta e dous anos despois viu a luz o texto actualmente vixente, en relación ao cal viñéronse producindo diversas modificacións, singularmente en materia de competencias,custas procesuais e, sobre todo, no réxime xurídico do recurso de casación.
Neste momento o debate céntrase na cuestión de se é necesario un novo texto legal ou, pola contra, basta o vixente con modificacións puntuais nalgúns institutos que cada vez teñen maior incidencia, entre os que destacan a mediación; a posibilidade de volver sobre as custas procesuais para eliminar o vencemento obxectivo; a necesidade de xeneralizar un procedemento abreviado, mesmo ante os órganos colexiados, ou a de implantar a dobre instancia no contencioso-administrativo e, deste xeito, dar o seu propio sentido ao recurso de casación.
SANTIAGO |