Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico A Lei de contratos do sector público para os poderes adxudicadores non Administración pública (PANAP)

    Cursos / Venres, 23 de Novembro de 2018.

    O pasado 9 de novembro publicouse no BOE a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

    Ademais da transposición das citadas directivas, a lei establece un novo marco regulador do sistema de contratación pública, con vocación de ser máis eficiente, transparente e íntegro, e mellorar as condicións de acceso ao devandito sistema facilitando, en particular, a participación das Pemes.

    Coa realización deste curso perséguense os obxectivos de analizar as principais modificacións introducidas pola lei, en especial aquelas que afectan á contratación no ámbito dos PANAP (poderes adxudicadores non Administración pública), e propiciar o debate ao redor daqueles aspectos máis innovadores e relevantes desde o punto de vista xurídico e da xestión.


    Persoas destinatarias: responsables e xestores/as de contratación das entidades instrumentais descritas no artigo 3.1.b) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: fundacións públicas autonómicas e sociedades mercantís públicas autonómicas.
    Datas: os días 12, 13, 17, 18 e 19 de decembro de 2018
    Horario: de tarde, das 16.00 ás 20.00 horas
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
    Duración: 20 horas lectivas
    Número de prazas: 30
    Inscrición: desde as 8 horas do 24 de novembro ata as 23.55 horas do 3 de decembro en https://egap.xunta.gal/matricula
    Todas as persoas solicitantes deberán enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, achegando a certificación acreditativa do cumprimento dos requisitos establecidos no punto 3. 

    Máis información no DOG do 23 de novembro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 721 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212