Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP debate ao redor da reforma da xurisdición contencioso-administrativa

    Xornadas / Mércores, 28 de Novembro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública acolleu hoxe unha xornada, á que asistiron máis de 120 persoas, destinada a debater sobre a posible reforma da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa vinte anos despois da súa aprobación. 


    Á inauguración asistiron Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP; Juan José Martín, director xeral de Xustiza; e José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

    Durante o acto a directora da Escola lembrou a importancia desta lexislación, cuxo obxectivo principal é o de controlar a legalidade da actividade administrativa, garantindo os dereitos e intereses lexítimos da cidadanía fronte ás posibles extralimitacións da Administración pública.

    Despois de vinte anos de vixencia, incidiu Sonia Rodríguez-Campos, cómpre analizar se é necesario un novo texto legal ou se, pola contra, sería suficiente aplicar certas modificacións puntuais en cuestións coma a mediación, a posibilidade de volver sobre as custas procesuais para eliminar o vencemento obxectivo, a necesidade de xeneralizar un procedemento abreviado ou a necesidade implantar a dobre instancia no contencioso-administrativo e, deste xeito, dar o seu propio sentido ao recurso de casación. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 722 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212