Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Próxima convocatoria do Concurso de literatura infantil e xuvenil da EGAP

    A Escola / Xoves, 20 de Decembro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública publicará no DOG do próximo 11 de xaneiro de 2019 a convocatoria do Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas.


    Este concurso ten como finalidade concienciar ás nenas e aos nenos galegos da necesidade de fomentar a dinamización da nosa lingua e de coñecer e divulgar a cultura que ao seu través nos transmitiron os nosos devanceiros. 

    Por esta razón, como un máis dos actos que a Escola organizará ao longo de 2019 para honrar ás letras galegas e especialmente a Antón Fraguas convocarase un concurso de literatura infantil e xuvenil dirixido aos rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos, distribuídos en dúas categorías (de 9 a 11 e de 12 a 14).

    En cada categoría existirán tres premios en metálico coa seguinte dotación económica:

      De 9 a 11 anos De 12 a 14 anos
    1º premio 250 euros 250 euros
    2º premio 200 euros 200 euros
    3º premio 150 euros 150 euros

    Os contos deberán ser redactados en lingua galega e a súa temática será libre. Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12 e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 726 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212