Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP aproba o número 56 da Regap

    Publicacións / Xoves, 20 de Decembro de 2018.

    Esta tarde reuníronse na EGAP os membros do consello de redacción da Revista Galega de Administración Pública (Regap), publicación dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, para aprobar os contidos do número 56 (xullo-decembro 2018).


    Esta nova publicación incluirá entre as súas páxinas varios estudos sobre temas tan actuais en torno ao sector público coma a situación do sector das renovables en Galicia tras a reforma eléctrica, a protección do patrimonio cultural desde o dereito urbanístico, as cuestións xurídicas en torno á celebración dunha consulta popular municipal, as novidades laborais da Lei de contratos do sector público ou os efectos da regularización voluntaria en vía administrativa e en vía penal tras a Lei orgánica 7/2012, entre outros.

    Revista Galega de Administración Pública
    A REGAP, que iniciou a súa andaina en 1992, estrutúrase ao xeito clásico das publicacións deste tipo con estudos doutrinais, xurisprudenciais e normativos. Na actualidade, dedícase a temas de actualidade co fin de analizar e achegar a contribución dos máximos e máis destacados especialistas en temas como o dereito autonómico, as novas tecnoloxías, os retos da Administración no século XXI, o estatuto dos empregados públicos ou a ordenación do territorio e o medio.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 727 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212