Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Publicado o Plan de formación para o ano 2019

    Cursos / Venres, 21 de Decembro de 2018.

    Despois da súa aprobación polo Consello Reitor o pasado 14 de decembro, a EGAP publicou no DOG do 21 de decembro o Plan de formación previsto para o ano 2019, que contén un total de 523 edicións formativas e 26.343 prazas.


    O Plan de formación vai dirixido a:
    • o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia
    • o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia
    • o persoal ao servizo das entidades locais de Galicia
    • o persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional
    • o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do sistema universitario de Galicia
    Así, este documento inclúe formación específica para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional (FC), para o persoal ao servizo das entidades locais (LO), para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia (FX), para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades galegas (UN), e o portal de idiomas (PI), o plan formativo ofimático de Galicia (OF), e o programa de autoformación (AF), dirixido a todos os destinatarios mencionados anteriormente.

    Cómpre destacar que o Plan ten unha función meramente informativa e que para acceder ás actividades reflectidas nel será preciso matricularse nas convocatorias que serán publicadas no DOG durante as próximas semanas. 

    Máis información no DOG do 21 de decembro.
  • Recursos
  •   Plan de formación do ano 2019  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 728 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212