A EGAP, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca 28 edicións e 700 prazas de cursos de linguaxe administrativa galega e linguaxe xurídica galega dirixidas aos empregados públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os cursos van dirixidos aos empregados públicos destinados nas administracións territoriais, institucionais, entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao persoal da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do sistema universitario galego.
Para o persoal ao servizo da administración xeral da CA de Galicia, institucións e entidades públicas instrumentais do sector público autonómico |
Curso medio de linguaxe administrativa galega |
Teleformación |
8 edicións |
25 prazas por edición |
Presencial |
1 edición |
25 prazas por edición |
Curso superior de linguaxe administrativa galega |
Teleformación |
11 edicións |
25 prazas por edición |
Presencial |
2 edicións |
25 prazas por edición |
Para o persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza de Galicia |
Curso medio de linguaxe xurídica galega |
Teleformación |
1 edición |
25 prazas por edición |
Curso superior de linguaxe xurídica galega |
Teleformación |
1 edición |
25 prazas por edición |
Para o persoal das entidades locais de Galicia |
Curso medio de linguaxe administrativa galega |
Teleformación |
1 edición |
25 prazas por edición |
Curso superior de linguaxe administrativa galega |
Teleformación |
1 edición |
25 prazas por edición |
Para o PAS das universidades de Galicia |
Curso medio de linguaxe administrativa galega |
Teleformación |
1 edición |
25 prazas por edición |
Curso superior de linguaxe administrativa galega |
Teleformación |
1 edición |
25 prazas por edición |
Para optar a estas actividades é preciso ter validado ou superado na data desta resolución algún dos cursos que se indican a continuación:
- Para o curso superior: o curso medio de linguaxe xurídica galega, o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no artigo 5.2 da Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG núm. 121, do 24 de xuño).
- Para o curso medio: o curso Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.
Matrícula: desde as 8 horas do 27 de decembro ata as 14 horas do 3 de xaneiro en
https://egap.xunta.gal/matricula
Para poder optar aos cursos será preciso presentar:
1. Dentro do prazo de presentación das solicitudes: o persoal das entidades públicas instrumentais e institucións públicas autonómicas cuxos datos non figuren na base de datos da DX de Función Pública, un certificado no que indique a situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración.
2. Nun prazo de tres días hábiles desde a publicación da listaxe definitiva: as persoas seleccionadas deberán achegar a xestion.egap@xunta.gal unha copia do certificado que acredite a superación ou validación dalgún dos cursos indicados anteriormente.