Os cursos van dirixidos a maxistrados, xuíces, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, de Tramitación Procesual e Administrativa e de Auxilio Xudicial que se atopen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para o persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza de Galicia |
Curso medio de linguaxe xurídica galega |
Teleformación |
1 edición |
25 prazas por edición |
Curso superior de linguaxe xurídica galega |
Teleformación |
1 edición |
25 prazas por edición |
Para optar a estas actividades é preciso ter validado ou superado na data desta resolución algún dos cursos que se indican a continuación:
- Para o curso superior: o curso medio de linguaxe xurídica galega, o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no artigo 5.2 da Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG núm. 121, do 24 de xuño).
- Para o curso medio: o curso Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.
Matrícula: desde as 8 horas do 27 de decembro ata as 14 horas do 3 de xaneiro en
https://egap.xunta.gal/matricula
Para poder optar aos cursos será preciso presentar dentro do prazo de presentación das solicitudes unha validación ou certificación acreditativa de ter superado o nivel de coñecemento do idioma galego para poder ser admitido no curso que se solicita e un documento que acredite a antigüidade na Administración de xustiza tomando como referencia a primeira toma de posesión.