A EGAP convoca unha nova edición do curso monográfico A planificación estratéxica como método de xestión pública que terá lugar os días 29, 30 e 31 de xaneiro na cidade de Ourense.
Esta actividade ten como obxectivos analizar os aspectos máis destacados da planificación estratéxica e da dirección por obxectivos, motivar as persoas participantes na reflexión estratéxica para facer fronte aos desafíos do sector público, profundar no coñecemento e no manexo das principais ferramentas necesarias para formular e implementar a planificación estratéxica como método de traballo nas organizacións públicas, coñecer algunhas experiencias de planificación estratéxica levadas a cabo na Administración pública e aplicar os coñecementos adquiridos mediante a elaboración dun plan estratéxico.
Destinatarios: o curso diríxese ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia, que se encadren no grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario ou nos grupos I e II do persoal laboral.
Duración: 20 horas lectivas
Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel, Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 30. Ourense
Datas: 29, 30 e 31 de xaneiro de 2019
Horario: os días 29 e 30 en horario de mañá e tarde; o día 31 en horario de mañá
Prazas: 40.
Matrícula: desde as 8 horas do 11 de xaneiro ata as 23.55 horas do 21 de xaneiro en https://egap.xunta.gal/matricula
Excepto as persoas que pertenzan á Administración autonómica ou á Administración de xustiza, todos/as os/as solicitantes deberán enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, achegando a certificación acreditativa da súa condición de persoal empregado público e do grupo e/ou categoría á que pertencen. Esta certificación será expedida pola persoa que realice as tarefas de certificación da Administración na cal preste os seus servizos.
Máis información no
DOG do 10 de xaneiro ou na
ficha do curso.