Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada A revisión dos actos e disposicións nulas de pleno dereito e a declaración de lesividade

    Xornadas / Luns, 28 de Xaneiro de 2019.

    A cuestión relativa á revisión de oficio dos actos administrativos e demais institucións xurídicas relacionadas, como a declaración de lesividade, a revogación, ou os límites á revisión de oficio constitúen temas clásicos en dereito administrativo, pero que se atopan en permanente actualidade pola súa crecente utilización debido a factores como a adopción de novos criterios xurídicos de valoración ou a perentoriedade dos prazos procesuais e a maior sensibilidade da cidadanía na procura de xustiza na correcta aplicación da lei. Cun importante compoñente práctico, a xornada abordará os procedementos regulados nos artigos 106 e 107 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, mediante a realización dun estudo da doutrina do órgano consultivo autonómico sobre estes procedementos nos anos comprendidos entre 2005 e a actualidade.


    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto de xustiza como autonómica e local, dos entes instrumentais da comunidade autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Data: 6 de febreiro de 2019
    Horario: das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela
    Duración: 7 horas lectivas
    Número de prazas: 70
    Inscrición: desde as 8 horas do 29 de xaneiro ata as 23.55 horas do 30 de xaneiro en https://egap.xunta.gal/matricula 

    Todas as persoas solicitantes deberán enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, achegando a certificación acreditativa do cumprimento dos requisitos establecidos no punto 3. Serán excluídas aquelas solicitudes que non acompañen a citada certificación ou que sexa recibida con posterioridade ao último día habilitado para a inscrición, isto é, 30 de xaneiro de 2019.

    Máis información no DOG do 28 de xaneiro ou na ficha da xornada
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 737 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212