Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocada a XXII edición do Premio Manuel Colmeiro

    A Escola / Martes, 29 de Xaneiro de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través da Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, convoca o Premio Manuel Colmeiro co gallo de fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as Administracións territoriais, institucionais e instrumentais do sector público de Galicia.


    Obxecto: fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as administracións territoriais, institucionais e os entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma.
    Perspoas destinatarias: poderán participar nesta convocatoria persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea.
    Dotación económica do premio: 3.500 euros
    Traballos de investigación:
    • Serán orixinais (isto é, provirán directamente do seu autor, sen ser imitación, tradución ou copia doutra obra), inéditos e non premiados con anterioridade. Teranse por inéditos aqueles traballos que non fosen obxecto de divulgación ou publicación nos termos da lexislación de propiedade intelectual. En consecuencia, non se considerarán inéditos aqueles que fosen publicados, divulgados ou postos á disposición do público, por medios telemáticos, xa sexa internet ou outras redes.
    • Estarán escritos nalgunha das dúas linguas cooficiais da comunidade autónoma, presentaranse en formato A4, mecanografados a dobre espazo e terán unha extensión mínima de 100 páxinas.
    • Poderán versar sobre a organización, estrutura, funcións e/ou ámbitos competenciais de calquera das administracións a que se refire a base primeira. A investigación poderá ser realizada desde calquera perspectiva, xa sexa histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica ou económica.
    Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes e traballos:
    • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia entre o 30 de xaneiro e o 15 de outubro.
    • Co obxecto de garantir o anonimato, nos traballos de investigación presentados non figurará ningún dato persoal da persoa autora deles, senón unicamente o título na primeira páxina. Así mesmo, o dito traballo será presentado nun arquivo independente ao do resto da documentación.
    • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude o traballo de investigación, de non facelo así non se admitirá a solicitude.
    • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
    Máis información no DOG do 29 de xaneiro e na sección de premios da nosa web. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 738 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212