Xornada O papel da Administración local ante o novo mercado de distribución de carburantes de automoción
Xornadas / Luns, 11 de Febreiro de 2019.
Esta actividade ten como finalidade analizar a actuación da Administración local derivada da nova regulación do mercado de distribución de carburantes de automoción e, en particular, debater acerca dos problemas que a apertura de estacións de servizo pode presentar á Administración local e analizar as especificidades dos novos tipos de gasolineira que combinan combustibles fósiles, electricidade e gas natural.
Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilado, das administracións públicas de Galicia, tanto de xustiza como autonómica e local, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, profesionais e persoas interesadas en xeral.
Data: 19 de febreiro de 2019
Horario: de mañá e tarde
Lugar: Escola Galega de Administración Pública
Duración: 7 horas lectivas
Inscrición: desde as 8 horas do 12 de febreiro ata as 23.55 horas do 18 de febreiro en https://egap.xunta.gal/matricula/
Máis información no
DOG do 11 de febreiro ou na
ficha da xornada.