Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocatoria de actividades de formación continua en materia de idiomas

    Cursos / Martes, 12 de Febreiro de 2019.

    A EGAP convoca 47 edicións formativas e 1750 prazas en cursos de lingua inglesa, francesa, alemá, portuguesa e lingua de signos. 


    Requisitos dos/das participantes: poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).
    Matrícula: desde as 8 horas do 13 de febreiro ata as 23.55 horas do 22 de febreiro en https://egap.xunta.gal/matricula O número máximo de solicitudes limítase a tres.
    Probas de nivel
    • Nas actividades de teleformación: ata o 22 de febreiro estarán dispoñibles na aula virtual da EGAP probas de nivel orientativas.
    • Nas actividades presenciais: antes do seu comezo a EGAP convocarao a unha proba de nivel coa finalidade de crear grupos o máis homoxéneos posibles. 
    Máis información no DOG do 12 de febreiro

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 741 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212