Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso en teleformación para delegados de protección de datos da Xunta de Galicia

    Cursos / Xoves, 14 de Febreiro de 2019.

    Grazas ao convenio de colaboración subscrito entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a EGAP e a Amtega para a convocatoria e o desenvolvemento de actividades de formación e divulgación en materia de Administración electrónica e protección de datos, a Escola convoca un curso para delegados de protección de datos da Xunta de Galicia.


    Destinatarios: o persoal delegado de protección de datos nomeado (en diante, DPD) ou cuxo nomeamento estea previsto a curto prazo e as persoas que formen parte do equipo de apoio aos DPD das consellerías e da Amtega.
    Modalidade: teleformación
    Número de edicións: 1
    Duración: 104 horas
    Datas: do 23 de marzo ao 31 de xullo
    Prazas: 25
    Matrícula: desde as 8 horas do 15 de febreiro ata as 23.55 horas do 28 de febreiro en https://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 14 de febreiro ou na ficha do curso.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 744 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212