Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocatoria do programa de autoformación da EGAP

    Cursos / Luns, 18 de Febreiro de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG o seu programa de autoformación para o ano 2019. Este vai dirixido a todo o persoal ao servizo das diferentes administracións da Comunidade Autónoma e ofrece un amplo abanico de cursos relativos a diferentes áreas formativas que facilitan a capacitación para o desenvolvemento eficiente de calquera posto de traballo.


    Acceso aos contidos
    Os contidos dos cursos de autoformación estarán dispoñibles desde o 19 de febreiro ata o 20 de decembro. 
    Matrícula: en calquera momento desde o 19 de febreiro ata o 20 de decembro en https://egap.xunta.gal/matricula
    O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

    Probas de avaliación
    Teñen a finalidade de acreditar a competencia nas materias convocads e conseguir un certificado de equivalencia.
    Matrícula: desde as 8 horas do 19 de febreiro ata as 23.55 horas do 18 de marzo en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 18 de febreiro
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 745 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212