Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada Un ano de vixencia da nova Lei de contratos do sector público: balance e perspectivas

    Xornadas / Venres, 8 de Marzo de 2019.

    O 9 de marzo de 2018 entrou en vigor a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (LCSP). A lei establece un novo marco regulador do sistema de contratación pública, con vocación de ser máis eficiente, transparente e íntegro, e de mellorar as condicións de acceso a este, facilitando, en particular, a participación das pemes.


    Transcorrido o primeiro ano de vixencia da lei, procede realizar un balance da aplicación das principais modificacións introducidas por ela, valorando o alcance da súa execución e as dificultades que presenta. Así mesmo, coa realización desta xornada preténdese propiciar o debate ao redor daqueles aspectos máis innovadores e relevantes da LCSP desde o punto de vista xurídico e da xestión pública.

    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilado, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Duración: 8 horas lectivas
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
    Data: 21 de marzo de 2019
    Horario: de mañá e tarde
    Número de prazas: limitado pola capacidade do local
    Inscrición: en https://egap.xunta.gal/matricula. Ampliase o prazo de inscrición ata as 23:55 h. do día 19 de marzo, ou ata completar a capacidade do local. Irase actualizando regularmente a listaxe provisional de persoas seleccionadas coas novas solicitudes que se
    vaian recibindo ata a publicación da listaxe definitiva

    Máis información no DOG do 8 de marzo e na ficha da xornada
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 753 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212