Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico Coeducación emocional para a igualdade

    Cursos / Venres, 8 de Marzo de 2019.

    A EGAP convoca un curso sobre coeducación emocional para a igualdade co obxectivo principal de dotar o alumnado dos coñecementos, competencias e aptitudes necesarias para coeducar (educar en igualdade), así como afrontar o desenvolvemento de programas de formación en igualdade de xénero. Ademais, esta actividade permitirá contextualizar a igualdade no marco socio-educativo destacando ferramentas e accións adoptadas no relativo á igualdade de xénero e oportunidades e fomentar o emprego de ferramentas propias da educación emocional aplicadas á educación en igualdade e á prevención da violencia de xénero, alentando as competencias socio-emocionais como chave para o igual desenvolvemento de homes e mulleres.


    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes instrumentais e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Duración: 15 horas
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela
    Datas: 21, 26, e 28 de marzo; 2 e 4 de abril de 2019
    Horario: de tarde
    Número de prazas: 50
    Inscrición: desde as 8 horas do 9 de marzo ata as 23.55 horas do 17 de marzo en https://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 8 de marzo ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 752 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212