Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso sobre as novidades lexislativas en materia de intervención e tesouraría na constitución das novas corporacións locais

    Cursos / Martes, 12 de Marzo de 2019.

    A través dun convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello Xeral dos Colexios Oficiais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local (Cosital) convócase un curso sobre as novidades lexislativas en materia de intervención e tesouraría na constitución das novas corporacións locais. 


    Requisitos das persoas participantes: poderán participar na acción formativa convocada nesta resolución os/as funcionarios/as con habilitación de carácter nacional das entidades locais de Galicia.
    Inscrición: desde as 8 horas do 13 de marzo ata as 14 horas do 20 de marzo en https://egap.xunta.ga/matricula 
    Matrícula
    • O importe da matrícula é de sesenta euros (60 €) para os/as subscritores/as e novos/as subscritores/as de Cositalnetwork e da Revista de Estudos Locais.
    • Para persoal da entidade local subscritora o importe da matrícula será de cento vinte euros (120 €).
    • Para o resto de asistentes o importe da matrícula será de douscentos corenta euros (240 €).
    Duración: 18 horas
    Edicións: unha
    Lugar: Santiago de Compostela, salón de actos da EGAP, rúa Madrid, nº 2-4
    Datas: 25 e 26 de marzo de 2019
    Horario: o día 25 de marzo das 9.00 ás 14.30 e das 16.30 ás 18.30 e o día 26 das 8.30 ás 15.30 horas
    Data da proba final: do 26 ao 29 de marzo de 2019
    Prazas: 60

    Máis información no DOG do 12 de marzo
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 755 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212