Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Apertura de solicitudes para participar na Mostra de arte das Letras Galegas da EGAP

    A Escola / Mércores, 13 de Marzo de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública, xunto coa Asociación Galega de Arte e Cultura, abre o prazo de solicitude para participar na Mostra de arte das Letras Galegas do ano 2019. Poderá participar o persoal empregado público ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia. 


    Modalidades: Pintura, escultura, fotografía, gravado, colaxe, debuxo, cerámica, tapiz, vídeo e calquera outra especialidade artística que implique a utilización de novas tecnoloxías ou materiais, maquetas, origami (papiroflexia), etc.
    Requisitos
    • Cada participante só poderá presentar unha obra por modalidade artística.
    • Enviará unha solicitude debidamente cuberta e asinada utilizando o modelo anexo ao enderezo de correo electrónico agaec2016@gmail.com.
    • Achegará unha fotografía dos traballos que presenta (un por modalidade), en formato jpg, cunha resolución mínima de 300 píxels (a dimensión da/s obra/s non poderá exceder de 100 x 100 cm; para escultura as medidas máximas establécense en 150x70x50 cm).
    • Enviará tamén a ficha técnica da/s obra/s (título, técnica, medidas e prezo) en galego.
    • Para facilitar a elaboración do catálogo e o rexistro da información, deberá cubrirse debidamente o seguinte formulario:
    • https://goo.gl/forms/YnrwCgfOC1zke7vt2
    Prazo máximo de entrega da documentación: 22 de abril de 2019
    Entrega das obras: o 9 ou o 10 de maio na EGAP, en horario de 9.00 h a 18.00 h

    Máis información e modelo de solicitude no PDF anexo. 
  • Recursos
  •   Bases de participación  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 756 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212