Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A EGAP destaca a formación en contratación pública como un elemento esencial dunha boa administración

    Publicacións / Venres, 15 de Marzo de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu esta mañá a presentación do estudo A gobernanza dos contratos públicos na colaboración público-privada, elaborado polo Centro de Gobernanza Pública (ESADEgov) e a Cambra de Comerç de Barcelona.


    O acto de presentación estivo presidido pola directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos, que destacou o incremento da formación nesta materia nos últimos anos, tanto a través de cursos coma de xornadas, o cal amosa a vontade a EGAP por contribuír á correcta aplicación dunha normativa que supuxo un punto de inflexión na contratación pública, ao incorporar criterios de tipo social e ambiental que teñen como fin último garantir o dereito a unha boa administración.

    Ademais, lembrou que coa publicación da nova Lei de contratos do sector público a Administración debe experimentar un cambio de mentalidade que sirva para entender e aplicar no traballo diario que a inclusión de cuestións sociais e ambientais na contratación pública non só debe ser considerado un requisito legal, senón que tamén debe levar aparellado un cambio de cultura administrativa.

    Na presentación do estudo participaron tamén Francisco Caamaño, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade da Coruña; e os autores do estudo José María Gimeno Feliu, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Zaragoza e director del Observatorio de Contratación Pública; e Mónica Reig, directora asociada do Programa Partners de ESADEgov do Centro de Gobernanza Pública de ESADE.

    O estudo
    A publicación A gobernanza dos contratos públicos na colaboración público-privada analiza con rigor e amplitude, e desde unha perspectiva multidisciplinar, as cuestións relativas á gobernanza das contratacións públicas en España. Trátase dunha achega xeral sobre o diagnóstico e os retos na materia que pretende ser útil non só para xuristas, senón tamén para directivos e xestores públicos e privados, co obxectivo de mellorar a calidade das políticas públicas que se implementan a través da contratación.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 757 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212