Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Actividades de formación para o posto de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia

    Cursos / Luns, 18 de Marzo de 2019.

    A EGAP convoca un programa de actividades formativas dirixido en xeral a todo o persoal da Administración de xustiza en Galicia dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia e, particularmente, a aquel que accede a un novo posto de traballo.


    Este programa ten como finalidade capacitar o persoal funcionario dos corpos indicados para a realización das tarefas básicas no desempeño dos postos de traballo, analizando as utilidades fundamentais comúns do sistema de xestión procesual (Minerva), así como a operatividade doutras ferramentas dispoñibles (Lexnet, Punto neutro xudicial, etc.) e facilitar a integración deste persoal nos distintos postos de traballo para os cales sexa nomeado, reducindo na medida do posible o seu período de adaptación ao novo posto.

    As actividades formativas estarán tuteladas por un coordinador que apoiará ao alumnado para a debida comprensión dos temas e resolución de dúbidas e cuestións que poidan xurdir. 

    Acceso aos contidos: desde o 19 de marzo ata o 20 de decembro en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 18 de marzo.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 758 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212