Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A EGAP analiza o primeiro ano de vixencia da nova Lei de contratos do sector público

    Xornadas / Xoves, 21 de Marzo de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu hoxe a xornada Un ano de vixencia da nova Lei de contratos do sector público: balance e perspectivas, na que se analizou a evolución desta materia no último ano e as súas principais dificultades.


    Durante o acto de inauguración, a directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos, resaltou a importancia da formación en materias clave dentro do sector público, como é o caso da contratación xa que a nova normativa ten como finalidade simplificar os trámites, facilitar a participación das pequenas e medianas empresas e propiciar que as administracións públicas impulsen obxectivos sociais, ambientais e de innovación. Por este motivo, Sonia Rodríguez-Campos incidiu no compromiso da Escola por achegar a todos os empregados públicos galegos unha formación actual e de calidade naquelas áreas que revisten maior novidade dentro do sector público.

    Por outra banda, a directora da EGAP lembrou que esta xornada vén completar a formación sobre contratación pública ofrecida pola Escola nos dous últimos anos, xa que, ademais de estar incluída no plan de formación anual, durante este período organizáronse cursos superiores, monográficos e xornadas.

    A xornada de hoxe ten como finalidade formar aos empregados públicos galegos nunha normativa esencial dentro da Administración pero especialmente complexa. Para abordar todos os seus aspectos a actividade contempla relatorios concretos sobre temáticas concretas como a contratación como política estratéxica, a compra pública innovadora, o novo recurso especial, a contratación electrónica, a contratación en entidades locais ou o impacto práctico da nova lexislación na dinámica dos operadores económicos.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 759 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212