Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico O patrimonio cultural como instrumento de desenvolvemento sustentable e de relevancia turística

    Cursos / Venres, 22 de Marzo de 2019.

    Este curso monográfico ten como finalidade analizar os cambios normativos producidos coa aprobación da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, e a configuración da protección do noso patrimonio cultural, con especial referencia ao planeamento urbanístico. De igual forma, adiántanse as futuras modificacións que na protección do patrimonio cultural e na elaboración do planeamento urbanístico suporá a futura Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, en tramitación parlamentaria. Estudaranse tamén aspectos novos como a inclusión da lingua e da toponimia por vez primeira na lei como patrimonio cultural inmaterial, falarase dos retos no ámbito arquivístico e bibliotecario e afondarase no patrimonio inmaterial escasamente tratado e no patrimonio arqueolóxico. 


    Destinatarios: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes instrumentais, das universidades do Sistema universitario de Galicia, profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Duración: 12 horas lectivas.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Datas: 4 e 5 de abril de 2019.
    Horario: 4 de abril, mañá e tarde; 5 de abril, mañá.
    Número de prazas: limitado pola capacidade do local.
    Inscrición: desde as 8 horas do 23 de marzo ata as 23.55 horas do 31 de marzo en https://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 22 de marzo e na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 760 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212