Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Máis de 200 persoas asisten na EGAP a un curso sobre o patrimonio cultural e a súa relación coa sustentabilidade e o turismo

    Cursos / Xoves, 4 de Abril de 2019.

    Máis de 200 persoas asistiron hoxe ao curso monográfico O patrimonio cultural como instrumento de desenvolvemento sustentable e de relevancia turística, organizado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP).


    Esta actividade, que se estenderá entre hoxe e mañá, ten como finalidade analizar os cambios normativos producidos coa aprobación da Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia, con especial referencia ao planeamento urbanístico e á sustentabilidade. De igual maneira, o curso adianta as modificacións que traerá consigo a futura Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, en tramitación parlamentaria.

    Entre os temas tratados no curso destacan a análise do Camiño de Santiago como elemento vertebrador do patrimonio cultural e do turismo, a protección legal e xurisprudencial do patrimonio cultural, o estudo da lingua e a toponimia como patrimonio inmaterial ou a relación entre patrimonio e turismo.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 764 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212