Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP e o Consello Consultivo de Galicia convocan dous cursos

    Cursos / Martes, 16 de Abril de 2019.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello Consultivo de Galicia, a EGAP convoca dúas actividades formativas en modalidade presencial e dirixidos aos/ás empregados/as públicos/as das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia. 


    Matrícula: das 8 horas do 17 de abril ás 23.55 horas do 3 de maio en https://egap.xunta.gal/matricula 

    CV19019. Curso práctico sobre responsabilidade patrimonial das entidades locais
    • Destinatarios/as: Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia e do sector público autonómico. Preferentemente, habilitados nacionais e funcionarios da Administración local dos grupos A1 e A2 que teñan responsabilidades en materia de tramitación e instrución deste tipo de expedientes.
    • Modalidade: presencial
    • Duración: 27 horas por edición
    • Edicións: cinco
    • Lugares e datas:
      • A Coruña: Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, praza Luís Seoane, s/n, do 1 ao 15 de outubro de 2019. Proba final presencial: o día 15 de outubro ás 16.30 horas.
      • Lugo: sala de xuntas Muralla (1º andar) do Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, rolda da Muralla, nº 70, do 13 ao 27 de maio de 2019. Proba final presencial: o día 27 de maio ás 16.30 horas.
      • Ourense: salón de actos da Delegación da Presidencia e Administración Pública, avenida da Habana, nº 79, do 4 ao 26 de xuño de 2019. Proba final presencial: o día 26 de xuño ás 16.30 horas.
      • Pontevedra: sala 3 da Delegación da Presidencia e Administración Pública, avenida María Victoria Moreno, nº 43, do 13 ao 27 de xuño de 2019. Proba final presencial: o día 27 de xuño ás 16.30 horas.
      • Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, nº 2-4, do 14 ao 28 de outubro de 2019. Proba final presencial: o día 28 de outubro ás 16.30 horas.
    • Horario: das 16.30 ás 19.30 horas
    • Prazas: 30 por edición

    CV19020. Os recursos administrativos na nova Lei 39/2015
    • Destinatarios/as: Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia e do sector público autonómico. Preferentemente, habilitados nacionais e funcionarios da Administración local dos grupos A1 e A2, que teñan responsabilidades en materia de tramitación e instrución deste tipo de expedientes.
    • Modalidade: presencial
    • Duración: 21 horas por edición
    • Edicións: cinco
    • Lugares e datas:
      • A Coruña: Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, praza Luís Seoane, s/n, do 4 ao 13 de novembro de 2019. Proba final presencial: o día 13 de novembro ás 16.30 horas.
      • Lugo: sala de xuntas Muralla (1º andar) do Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, rolda da Muralla, nº 70, do 16 ao 25 de setembro de 2019. Proba final presencial: o día 25 de setembro ás 16.30 horas.
      • Ourense: salón de actos da Delegación da Presidencia e Administración Pública, avenida da Habana, nº 79, do 2 ao 23 de outubro de 2019. Proba final presencial: o día 23 de outubro ás 16.30 horas.
      • Pontevedra: sala 3 da Delegación da Presidencia e Administración Pública, avenida María Victoria Moreno, nº 43, do 21 ao 30 de outubro de 2019. Proba final presencial: o día 30 de outubro ás 16.30 horas.
      • Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, nº 2-4, do 18 ao 27 de novembro de 2019. Proba final presencial: o día 27 de novembro ás 16.30 horas.
    • Horario: das 16.30 ás 19.30 horas
    • Prazas: 30 por edición
    Máis información no DOG do 16 de abril
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 765 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212