Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais para o persoal de Xustiza

    Cursos / Martes, 23 de Abril de 2019.

    A EGAP convoca un curso de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais nas tarefas de tipo administrativo dirixido ao persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino nos xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz da provincia da Coruña.


    Deberá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución: O persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino nos xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz da provincia da Coruña que estea en situación de servizo activo e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria. Toda persoa solicitante que ao inicio ou durante o curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.
    Matrícula: desde as 8 horas do 23 de abril ata as 23.55 horas do 3 de maio en https://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 22 de abril ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 766 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212