Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico Dereito TIC e compliance

    Cursos / Venres, 31 de Maio de 2019.

    O concepto de compliance, cumprimento legal ou cultura do cumprimento, abarca un conxunto de principios éticos, directrices, códigos de condutas e de boas prácticas que informan e ordenan a actuación das entidades co fin de consolidar e transparentar a filosofía do seu proxecto e articular un conxunto de políticas de prevención e control que as converta en máis confiables, minimizando o risco e xerando, tanto na súa dimensión interna como nas súas relacións externas, unha cultura de observancia da legalidade e de potenciación daqueles valores que as identifique como organizacións responsables e comprometidas coa súa contorna económica, social e cultural.
    Por outra banda, o Regulamento xeral de protección de datos que recentemente entrou en vigor supón novo marco normativo común a toda a Unión Europea, que fai da protección de datos unha área de coñecemento que require un elevado nivel técnico e de comprensión, en que dereito e informática mestúranse de forma irremediable.


    Obxectivo: profundar no estudo do cumprimento legal (compliance) e do Dereito TIC tras a recente aprobación do seu marco normativo, tanto para España como para toda a UE.
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia que estea en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
    No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderán acceder os e as profesionais que estean en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
    Duración: 14 horas lectivas
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
    Datas: 11, 13, 17 e 19 de xuño de 2019
    Horario: das 16.00 ás 19.00 horas
    Prazas: 50
    Matrícula: desde as 8 horas do 1 de xuño ata as 23.55 horas do 5 de xuño en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 31 de maio ou na ficha do curso

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 774 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212