Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e a súa implementación nas administracións públicas galegas

    Cursos / Martes, 4 de Xuño de 2019.

    A EGAP convoca un curso monográfico co obxectivo principal de crear conciencia sobre a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable e abordar as necesidades teóricas e prácticas para que o persoal destinatario da actividade poida incorporar os obxectivos para o desenvolvemento sustentable (ODS) da Axenda 2030 aos seus ámbitos de traballo. 


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións autonómica e local galegas, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia. No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderán acceder profesionais interesados/as no tema.
    Duración: 14 horas lectivas
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
    Datas: 17 e 18 de xuño de 2019
    Horario: de mañá e tarde, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas
    Número de prazas: 50
    Inscrición: desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 12 de xuño de 2019.

    Máis información no DOG do 4 de xuño ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 775 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212