Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de planificación estratéxica para o desenvolvemento local

    Cursos / Martes, 4 de Xuño de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, convoca un curso de planificación estratéxica para o desenvolvemento local. 


    Obxectivos: dar resposta ás necesidades de planificación e execución de actividades e proxectos de calado estratéxico, acordes ás necesidades e intereses de evolución do territorio e que, no ámbito do desenvolvemento local, lles correspondan ao persoal da Rede AEDL de Galicia, coa perspectiva de facilitarlles coñecementos, competencias e ferramentas coas que poder dar cumprimento a este obxectivo.
    Persoas destinatarias: o persoal técnico adscrito ás entidades locais ou a outras entidades públicas ou privadas que teñan como obxectivo o apoio ás persoas demandantes de emprego, ou a dinamización empresarial e o desenvolvemento local; o persoal das oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG); e o persoal de entidades colaboradoras do SPEG para a realización de labores de orientación laboral.
    Modalidade: mixta (5 horas presenciais e 35 horas de teleformación)
    Duración: 40 h
    Edicións: 2
    Datas:
    Primeira edición: do 22 de xuño ao 22 de xullo de 2019 (sesión presencial o día 22 de xuño das 9.00 ás 14.00 horas).
    Proba final: 22 de xullo: das 8.00 ás 23.55 horas.
    Segunda edición: do 5 de outubro ao 6 de novembro de 2019 (sesión presencial o día 5 de outubro das 9.00 ás 14.00 horas).
    Proba final: 6 de novembro: das 8.00 ás 23.55 horas.
    Prazas: 35 por edición

    Matrícula: desde as 8 horas do 5 de xuño ata as 23.55 horas do 12 de xuño en https://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 4 de xuño ou na ficha do curso.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 776 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212