Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada xestión do tempo e produtividade

    Xornadas / Mércores, 19 de Xuño de 2019.

    A EGAP convoca unha xornada para o próximo 3 de xullo coa finalidade de que o alumnado profunde no desenvolvemento de novas habilidades de xestión do tempo, así como no coñecemento de diferentes técnicas dirixidas a mellorar a produtividade e reducir a tensión mediante o adestramento e práctica da atención plena.


    Persoas destinatarias: Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia. No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder calquera profesional interesado/a na materia.
    Duración: 8 horas lectivas
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela.
    Data: 3 de xullo de 2019
    Horario: de mañá e tarde; das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas
    Número de prazas: 80
    Matrícula: desde as 8 hroas do 19 de xuño ata as 23.55 horas do 25 de xuño en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 18 de xuño ou na ficha da xornada
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 777 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212