Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP inicia a transformación das súas revistas ao formato dixital

    Publicacións / Xoves, 18 de Xullo de 2019.

    Esta tarde reuníronse na EGAP os membros do consello de redacción da Revista Galega de Administración Pública (Regap), publicación dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, para aprobar o contido do próximo número, o código ético e de boas prácticas e anunciar as modificacións que sufrirán as revistas da Escola de cara á súa transformación a un formato dixital. Todas estes cambios teñen como finalidade non só facer máis accesibles os contidos á cidadanía, senón tamén mellorar a súa catalogación nas principais bases de datos de publicacións científicas.


    Neste senso, o código ético e de boas prácticas, dirixido aos principais axentes involucrados na publicación de artigos científicos nas ditas revistas, garantirá que os artigos enviados sexan avaliados atendendo exclusivamente ao seu contido, amosando deste xeito o compromiso da Escola coa imparcialidade na xestión dos traballos propostos e o respecto á independencia intelectual dos autores.

    Finalmente, os membros do consello de redacción aprobaron os contidos do número 57 da Regap que incluirá entre as súas páxinas varios estudos sobre temas tan actuais en torno ao sector público coma a xurisdición contencioso-administrativa tras vinte anos de vixencia da Lei 29/1998, o réxime xurídico da denuncia, indefensión do denunciante e interpretación do dereito pola Administración pública, ou as políticas de fomento das administracións públicas ante o despoboamento e o reto demográfico. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 782 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212