Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Os E-martes da EGAP darán comezo o próximo 1 de outubro

    Cursos / Venres, 20 de Setembro de 2019.

    Dentro da iniciativa Universo EGAP innova, a EGAP convoca no DOG do venres 20 de setembro o primeiro dos E-martes, un proxecto de formación práctica dixital que ten como finalidade facilitar a implantación da Administración electrónica e fomentar cambios substanciais nos procedementos de traballo e de xestión por competencias.


    Así, os E-martes proporcionarán formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da implantación da administracion dixital.

    A primeira xornada terá lugar o próximo 1 de outubro en horario de mañá e tarde na sede da EGAP, en Santiago de Compostela, e abordará desde unha perspectiva práctica "O Rexistro electrónico na Xunta de Galicia", facendo fincapé nos seguintes contidos:
    • O Sistema único de rexistro da Xunta de Galicia (SUREX): Sistema de recepción electrónica (Rexel) e Sistema de interconexión de rexistros (SIR)
    • A Sede electrónica da Xunta de Galicia
    Destinatarios: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais, así como a profesionais e persoas interesadas en xeral. No caso do persoal empregado público priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.

    Horario: de 11h a 14h e de 16h a 19h

    Número de prazas: 50

    Inscrición: desde as 8 horas do 21 de setembro ata as 23.55 horas do 25 de setembro en https://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 20 de setembro e na ficha da xornada
  • Recursos
  •   Díptico  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 795 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212