Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior de técnico de urbanismo 2019/20

    Cursos / Luns, 16 de Setembro de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), convoca unha nova edición do curso superior de técnico de urbanismo que dará comezo o próximo 10 de outubro. 


    O curso ten como finalidade que o alumnado adquira os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que o capaciten para actuar no mundo da ordenación do territorio e do urbanismo e responsabilizarse dos procesos de xestión do solo. Para ese efecto partirase da análise e do estudo pormenorizado da normativa de ordenación do territorio e urbanística, con especial atención á autonómica galega, combinando o estudo dos fundamentos teóricos cunha completa formación práctica que se fai imprescindible neste ámbito.

    Persoas destinatarias: O curso está dirixido a aqueles/as profesionais que se encadren nalgunha das situacións seguintes:
    • Persoal empregado público das administracións públicas galegas: persoal funcionario (subgrupos A1 e A2) e persoal laboral (grupos I e II)
    • Arquitecto/a colexiado/a no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
    • Persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente así como profesionais interesados/as. É requisito imprescindible, nos dous casos, estar en posesión da titulación de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4 e COAG, praza da Quintana, nº 1, Santiago de Compostela, segundo o programa dispoñible na web do COAG (http://www.coag.es).
    Datas: entre o xoves 10 de outubro de 2019 e o xoves 5 de novembro de 2020.
    Horario: o curso terá lugar ordinariamente os xoves, en horario de mañá, das 10.00 ás 14.15 horas, e de tarde, das 15.45 ás 20.00 horas (un total de 4 horas lectivas cun descanso de 15 minutos en cada unha das partes), aínda que, con carácter excepcional, algunhas das xornadas do curso, por cuestións organizativas, terán lugar en mércores. No programa do curso inclúese un calendario onde están identificadas as datas e día da semana en que se desenvolverá cada unha das xornadas.
    Duración: terá unha duración de 288 horas (248 horas troncais + 40 optativas, das cales 32 corresponden ao módulo optativo elixido e 8 a sesións de titorización interna dos traballos individuais), que se distribuirán a razón de oito horas por semana. A duración do traballo individual cífrase en 62 horas, polo que no certificado final se consignarán 350 horas lectivas.
    Prazas: 50
    Inscrición e matrícula: desde as 8 horas do 17 de setembro ata as 23 horas do 4 de outubro. As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición cubrindo o formulario que para ese efecto figurará na páxina web do COAG (http://www.coag.es)

    Máis información no DOG do 16 de setembro ou na web do COAG
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 794 de 1207
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212