Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A EGAP analiza o impacto das normativas sobre contratación pública no ámbito municipal

    Xornadas / Venres, 13 de Setembro de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración co Colexio de Economistas da Coruña, celebrou esta mañá a xornada Auditoría do sector público á que asistiron ao redor duns empregados públicos e profesionais relacionados coa Administración. 


    A actividade foi clausurada por Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP; Miguel Vázquez Taín, decano e presidente do Colexio de Economistas da Coruña; Constantino Carreiras Souto, conselleiro da área de Conta Xeral do Consello de Contas; e Emilio Álvarez Pérez-Bedía, presidente do Comité de Auditoría do Sector Público do REA-Auditores.

    Durante o acto de clausura da xornada Sonia Rodríguez-Campos destacou a formación como un dos alicerces fundamentais para que a Administración local poida adaptar a súa realidade aos distintos instrumentos que prevén as normas. Incidiu, ademais, en que servirá tamén para lograr unha aplicación rigorosa dos novos textos legais sobre contratación pública e, deste xeito, conseguir unha Administración pública máis transparente e eficaz que dea cumprimento ás demandas da cidadanía.

    Finalmente, a directora da EGAP lembrou que os recentes cambios lexislativos supoñen un reto para o sector local, que se atopa inmerso nun proceso de cambio para adaptarse ás novas esixencias coas que se pretende lograr un control económico-orzamentario máis rigoroso e reforzar o papel da función interventora nestas entidades.  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 793 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212