Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    VI Premio de Investigación Instituto Universitario García Oviedo

    Investigación / Venres, 13 de Setembro de 2019.

    O Instituto Universitario de Investigación García Oviedo da Universidade de Sevilla convoca a VI edición do Premio de Investigación Instituto Universitario García Oviedo, de carácter anual que ten como obxecto fomentar a investigación e a súa difusión no ámbito do Dereito Administrativo.


    - OBXECTO DOS TRABALLOS
    O obxecto dos traballos é a análise e o estudo xurídico no ámbito do Dereito administrativo, tanto desde enfoques dogmáticos ou doutrinais coma xurisprudenciais. Neste último caso, poderán terse en conta resolucións de órganos xudiciais españois, europeos ou internacionais. 
    - PARTICIPANTES
    Poderán optar ao premio aquelas persoas que teñan a condición de licenciados ou graduados universitarios, españois ou estranxeiros. Os estudos poderán realizarse de forma individual ou en equipo. Os equipos non os poderán integrar máis de tres persoas. 
    - PRAZO E PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS
    O prazo de presentación dos traballos iniciarase o día 1 de outubro de 2019 e expirará o 31 de xaneiro de 2020.

    Máis información en https://iugo.us.es/.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 792 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212