Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP presenta o Universo EGAP innova

    Cursos / Luns, 9 de Setembro de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública convocará proximamente no DOG o proxecto "Universo EGAP innova", unha inciativa multidisciplinar e transversal que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír á innovación e ao cambio nas administración públicas a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, a autoxestión da aprendizaxe e a identificación de novas oportunidades.


    Esta inciativa contará con tres partes fundamentais:
    • os e-martes que terán lugar os primeiros martes de cada mes e que servirán para proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da administración electrónica. Terán unha duración de seis horas e a súa matrícula estará dispoñible desde o día 15 ao día 25 do mes anterior ao de realización da actividade.
    • as comunidades de práctica, obradoiros grupais onde intercambiar experiencias de innovación e aprender xuntos.
    • as pílulas formativas, mini vídeo titoriais sobre administración electrónica para consultar onde queiras. 


  •   Anterior Seguinte  
    Pax 791 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212