Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de prevención de riscos laborais para o persoal dos servizos de prevención e defensa de incendios forestais

    Cursos / Martes, 27 de Agosto de 2019.

    A través do convenio de colaboración subscrito entre a Central Sindical Independente e de Funcionarios de Galicia (CSIF Galicia) e a Escola Galega de Administración Pública convócase un cursopresencial de prevención de riscos laborais para o persoal dos servizos de prevención e defensa de incendios forestais.


    Requisitos das persoas participantes: o persoal empregado público da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que estea en servizo activo no prazo de presentación de solicitudes, ou que estivese prestando servizos durante o ano 2019 en actividades principais ou auxiliares na defensa, prevención e/ou extinción de incendios forestais, tales como peóns forestais, bombeiros/as forestais, condutores/as de motobomba, emisoristas e vixilantes fixos, así como o que estea ou estivese gozando dun permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar.

    Código e nome do curso: CV19055. Prevención de riscos laborais para persoal dos servizos de prevención e defensa de incendios forestais
    Modalidade: presencial
    Núm. de edicións: 9
    Duración: 16 horas
    Datas:
    – Coruña, A (I): de luns a mércores, 23, 24 e 25 de setembro. Horario: 9.00 a 14.20 h. Lugar: Fundación Raizame. As Xubias de Arriba, nº 15, 15006 A Coruña.
    Prazas: 35.

    – Coruña, A (II): de luns a mércores, 30 de setembro e 1 e 2 de outubro. Horario: 16.00 a 21.20 h. Lugar: Fundación Raizame. As Xubias de Arriba, nº 15, 15006 A Coruña.
    Prazas: 35.

    – Lugo (I): de luns a mércores, 23, 24 e 25 de setembro. Horario: 9.00 a 14.20 h. Lugar: Unión Provincial CSIF Lugo. Rúa Conde, 2, baixo posterior, 27003 Lugo.
    Prazas: 20.

    – Lugo (II): de xoves a sábado, 26, 27 e 28 de setembro. Horario: 9.00 a 14.20 h. Lugar: Unión Provincial CSIF Lugo. Rúa Conde, 2, baixo posterior.
    Prazas: 20.

    – Ourense (I): de luns a xoves, 7, 8, 9 e 10 de outubro. Horario: 17.00 a 21.00 h. Lugar: Consultoría e Formación Progreso. Rúa Progreso, nº 141, baixo, Ourense.
    Prazas: 20.

    – Ourense (II): de luns a xoves, 14, 15, 16 e 17 de outubro. Horario: 17.00 a 21.00 h. Lugar: Consultoría e Formación Progreso. Rúa Progreso, nº 141, baixo, Ourense.
    Prazas: 20.

    – Pontevedra: de mércores a venres, 16, 17 e 18 de outubro. Horario: 16.00 a 21.20 h. Lugar: CSIF Pontevedra. Rúa Marqués de Riestra, 18, 36001 Pontevedra.
    Prazas: 20.

    – Porriño, O: de mércores a venres, 23, 24 e 25 de outubro. Horario: 15.30 a 20.50 h. Lugar: Edificio Multiusos O Porriño Multicentro de Torneiros. Ribeira, s/n, 36410 O Porriño (Pontevedra).
    Prazas: 20.

    – Santiago de Compostela: de luns a mércores, 7, 8 e 9 de outubro. Horario: 9.00 a 14.20 h. Lugar: CSIF Galicia. Rúa Valiño, 65, baixo, 15707 Santiago de Compostela.
    Prazas: 20.

    Matrícula: desde as 8 horas do 28 de agosto ata as 23.55 horas do 10 de setembro en https://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 27 de agosto ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 790 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212