Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de prevención de riscos laborais de nivel básico

    Cursos / Venres, 23 de Agosto de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral convocan un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.


    Requisitos do persoal participante: Poderán participar na acción formativa convocada nesta resolución os/as empregados/as públicos/as que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II e os/as traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
    Modalidade: teleformación
    Duración: 60 horas edición
    Edicións: tres
    Datas: do 24 de setembro ao 21 de novembro de 2019
    Proba final presencial: o día 21 de novembro ás 10.00 horas. A proba final do curso realizarase de forma descentralizada nos centros territoriais do Issga nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e en Santiago de Compostela na sede da EGAP, rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas.
    Prazas: 75 por edición

    Matrícula: desde as 9 horas do 26 de agosto ata as 23.55 horas do 4 de setembro en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 23 de agosto ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 789 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212