A EGAP e a Deputación de Ourense convocan cursos para persoal da Administración local de Galicia
Cursos / Mércores, 21 de Agosto de 2019.
A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, convoca dous cursos online de ofimática.
Requisitos dos participantes: poderán participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal ao servizo da Administración local de Galicia, e en caso de vacante, persoal de Administración autonómica e estatal, que se atopen en situación de servizo activo, permiso por maternidade/paternidade, adopción ou excedencia polo coidado dun/ha fillo/a ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria.
Actividades convocadas:
Matrícula: do 22 de agosto ao 4 de setembro en
https://egap.xunta.gal/matricula
Máis información no
DOG do 21 de agosto.