Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior sobre dereito de patentes

    Cursos / Mércores, 25 de Setembro de 2019.

    A EGAP convoca un curso presencial de 50 horas sobre o dereito de patentes, coa finalidade principal de ofrecer coñecementos específicos sobre a protección das invencións a través do dereito de patentes e dos modelos de utilidade. 


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administración públicas de Galicia, tanto autonómica, como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías:
    a) Grupo A (subgrupos A1 ou A2) do persoal funcionario.
    b) Grupos I ou II do persoal laboral.

    No caso de non cubrirse a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán cubrirse por profesionais que estean en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñería, arquitectura técnica ou enxeñería técnica.

    Prazas: 50
    Lugar: sede da EGAP, Santiago de Compostela.
    Datas: 7, 8, 9, 10, 14, 15, 16, 17, 21, 22, 23, 24 e 28 de outubro de 2019.
    Horario: de tarde, ordinariamente de 16.00 a 20.00 horas.
    Duración: 50 horas lectivas.

    Matrícula: desde as 8 horas do 26 de setembro ata as 23.55 horas do 1 de outubro en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 25 de setembro ou na ficha do curso


  •   Anterior Seguinte  
    Pax 801 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212