Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    CV26112 Curso superior de protección de datos

    A Escola / Mércores, 30 de Setembro de 2026.



    A Escola Galega de Administración Pública, de acordo co convenio de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)  convoca o Curso superior de protección de datos.




    Persoas destinatarias:

    O curso está dirixido ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional que se encadren nalgunha das seguintes categorías:

    • Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
    • Grupos I e II do persoal laboral.

    No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local, das universidades do Sistema universitario de Galicia e da Administración de xustiza.

    O persoal empregado público da Administración local e das universidades do Sistema universitario de Galicia deberá achegar a documentación unha vez formalizada a súa inscrición e antes de que finalice o prazo de matrícula, tal como se indica na base sexta, punto 6 da convocatoria DOG.

    Para o mellor aproveitamento do curso recoméndase que as persoas participantes conten con algún coñecemento previo da materia


    Prazas: 70

    Datas de desenvolvemento: do 13 de outubro ao 1 de decembro de 2026

    Duración: 118 horas lectivas, distribuídas da seguinte forma:

    • Unha sesión inaugural presencial cunha duración de 3 horas.
    • 14 sesións de telepresenza de 3 horas cada unha (42 horas en total).
    • 72 horas de traballo de teleformación.
    • 1 hora como máximo para o exame final en liña


    Inscrición: desde as 09:00 horas do 1 de outubro ata as 23:59 horas do 7 de outubro de 2026.

  • Recursos
  •   Área de matricula  
  •   Resolución DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1360 de 1360
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212