Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    PU26010-SANTIAGO Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia

    A Escola / Xoves, 15 de Outubro de 2026.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, convoca a Xornada de formación práctica dixital (E‑martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia.





    Persoas destinatarias:

    – O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
    – A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.

    Os dous grupos de persoas destinatarias participarán de xeito conxunto na parte teórica da formación, que na súa parte práctica se adaptará aos requirimentos específicos de cada grupo.

    Prazas: 45 (25 para o persoal empregado público especificado en persoas destinatarias; 20 para a cidadanía)


    Data: 27 de outubro de 2026.

    Duración: 7 horas lectivas.

    Inscrición: das 09:00 horas do 15 de outubro ata as 23:59 horas do 21 de outubro de 2026.



  • Recursos
  •   Área de matricula  
  •   Resolución DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1361 de 1361
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212