Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior de implantación da ciberseguridade nas administracións públicas: ciberseguridade nos tempos da intelixencia artificial e a nube

    Cursos / Venres, 30 de Outubro de 2026.

    A Escola Galega de Administración Pública, de acordo co convenio de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca o Curso superior de implantación da ciberseguridade nas administracións públicas: ciberseguridade nos tempos da intelixencia artificial e a nube.


    Persoas destinatarias:

    O curso está dirixido ao persoal empregado público con perfís TIC (pertencente a escalas de sistemas e tecnoloxías da información ou que realice funcións TIC) en situación de activo ou asimilada, da Administración autonómica e entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, que se encadren nalgunha das seguintes categorías:
     
    • Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
    • Grupos I e II do persoal laboral.
     
    No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local, das universidades do Sistema universitario de Galicia e da Administración de xustiza.
     
    No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas nos ámbitos e categorías anteriores, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, do subgrupo C1 do persoal funcionario ou grupo III do persoal laboral que realice funcións TIC, mantendo os mesmos criterios de preferencia en canto aos ámbitos (primeiro Administración autonómica e entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e logo o resto).
     
    O persoal empregado público da Administración local e das universidades do Sistema universitario de Galicia deberá achegar documentación acreditativa unha vez formalizada a súa inscrición e antes de que finalice o prazo de matrícula, tal como se indica na base sexta, punto 6, desta resolución.
     
    Recoméndase que o alumnado participante conte con coñecementos previos sobre a materia para poder aproveitar mellor o curso.
     
    Prazas: 70

    Datas de desenvolvemento: desde o 9 de novembro de 2026 ata o 21 de decembro de 2026.

    A modalidade de impartición do curso será mixta, con sesións presenciais, de telepresenza e de teleformación.
     
    Lugar de desenvolvemento e acceso ás sesións:
     
    a) Clases presenciais:
     
    - A sesión inaugural desenvolverase o día 9 de novembro de 2026, das 16.30 ás 19.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
     
    - A sesión final do curso será o día 16 de decembro de 2026, das 9.30 ás 12.30 horas, na sede dos laboratorios de ciberseguridade da Xunta de Galicia situados na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
    b) As clases de telepresenza desenvolveranse dous ou tres días cada semana, a través da aula virtual da EGAP (https://egap.xunta.gal/aulavirtual/).
     
    Datas previstas para as sesións de telepresenza: 11, 16, 18, 23, 25, 26 e 30 de novembro; 1, 2, 9, 10, 14 e 15 de decembro de 2026. Horario: de tarde, das 16.00 ás 19.00 horas.
     
    c) O acceso á teleformación realizarase igualmente a través da aula virtual do curso, da aula virtual da EGAP, aínda que o alumnado será redirixido á plataforma de teleformación do Centro Criptolóxico Nacional (CCN), desde a que visualizarán os contidos.
     
    O exame final será en liña, tamén a través da aula virtual da EGAP, o luns 21 de decembro de 2026, ás 16.30 horas.
     
    Inscrición: desde as 09:00 horas do 30 de outubro ata as 23:59 horas do 3 de novembro de 2026.

  • Recursos
  •   Área de matrícula  
  •   Máis información (ficha, convocatoria DOG, programa-díptico,listaxes....)  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1362 de 1364
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212