Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Taller práctico de simulación de roles (role-play). Contratación pública en xogo: do prego á execución.

    Cursos / Venres, 30 de Outubro de 2026.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no DOG núm. 208, o Taller práctico de simulación de roles (role-play). Contratación pública en xogo: do prego á execución.


    Persoas destinatarias:

    O taller está dirixido ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus entes públicos instrumentais, que presten servizo en unidades de contratación.
     
    No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, que preste servizo en unidades de contratación da Administración local e das universidades do Sistema universitario de Galicia, que interveña en calquera fase do ciclo contractual.
     
    O persoal empregado público da Administración local e das universidades do Sistema universitario de Galicia deberá achegar documentación unha vez formalizada a súa inscrición e antes de que finalice o prazo de matrícula, tal como se indica e especifica na base sexta, punto 6, da convocatoria DOG.
     
    Este taller resulta especialmente indicado para:
    - Persoal de servizos e unidades de contratación.
    - Persoal técnico redactor de pregos de prescricións técnicas.
    - Persoal de asesoría xurídica e secretarías.
    - Persoal de intervención e control interno.
    - Responsables de contratos e persoal de unidades usuarias.
    - Persoal directivo con competencias en materia contractual.
     
    Prazas: 30.

    Data de desenvolvemento: venres 6 de novembro de 2026, mañá e tarde.

    A modalidade de impartición do curso será presencial, na EGAP.
     
    Inscrición: desde as 09:00 horas do luns 2 de novembro ata as 23:59 horas do 3 de novembro de 2026.
  • Recursos
  •   Área de matrícula  
  •   Máis información  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1363 de 1364
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212