Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada Administración e xestión xudicial de activos

    Xornadas / Martes, 1 de Outubro de 2019.

    A EGAP convoca unha xornada para o próximo 8 de outubro coa finalidade de dar a coñecer a situación legal dos activos intervidos xudicialmente no marco dos procedementos penais así como as distintas ferramentas e posibilidades de xestión, administración e realización que se atopan ao dispor das unidades xudiciais, coa finalidade de optimizar a xestión dos ditos patrimonios.


    Para acadar este obxectivo, analizarase o marco legal de referencia e a divulgación de boas prácticas que nesta materia están a levarse a cabo na Unión Europea. En particular, afondarase no coñecemento da Oficina de Recuperación e Xestión de Activos (ORGA) e o Servizo de Xestión de Bens Mobles Intervidos ao Narcotráfico en Galicia (SXB), recursos ao servizo das unidades e profesionais da Administración de xustiza e as forzas e corpos de seguridade do Estado en Galicia.

    Data: martes, 8 de outubro
    Horario: de mañá e tarde
    Lugar: EGAP
    Duración: 7 horas lectivas
    Matrícula: desde as 8 horas do 2 de outubro ata as 23.55 horas do 6 de outubro en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 1 de outubro ou na ficha da xornada
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 803 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212