Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior Introdución ás axendas urbanas: das estratexias DUSI ás axendas urbanas

    Cursos / Martes, 1 de Outubro de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca o curso superior Introdución ás axendas urbanas: das estratexias de desenvolvemento urbano sustentable e integrado ás axendas urbanas (DUSI). Novas oportunidades para as entidades locais galegas.


    Esta actividade ten como principal obxectivo dar a coñecer ao persoal da Administración pública de Galicia os distintos aspectos dun novo escenario de axendas internacionais e urbanas que ofrece novas oportunidades ás cidades. 

    Lugar: EGAP
    Datas: 16, 23 e 30 de outubro; 6, 13, 20 e 27 de novembro, e 4 de decembro
    Horario: de mañá e tarde
    Duración: 35 horas lectivas
    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica, como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías:
    • Grupo A (subgrupos A1 ou A2) do persoal funcionario.
    • Grupos I ou II do persoal laboral.
    No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán cubrirse por profesionais que estean en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.

    Matrícula: desde as 8 horas do 2 de outubro ata as 23.55 horas do 8 de outubro en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 1 de outubro ou na ficha do curso. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 804 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212