Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico A creatividade: unha ferramenta chave da mente. Que é? Como empregala?

    Cursos / Venres, 4 de Outubro de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso sobre creatividade co obxectivo de desenvolver esta capacidade nos participantes e a súa capacidade para xerar cambios innovadores na súa realidade laboral. Traballaranse técnicas, procesos e estratexias que facilitan a creatividade e proporanse situacións que requiran de reflexión, argumentación e interacción, permitindo así o adestramento en destrezas para a comunicación positiva e para a relación interpersoal.


    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes instrumentais e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela.
    Datas: 14, 15, 16 e 17 de outubro de 2019
    Horario de tarde: 16.30 a 20.00 horas
    Duración: 14 horas lectivas
    Número de prazas: 50

    Matrícula: desde as 8 horas do 5 de outubro ata as 23.55 horas do 8 de outubro en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 4 de outubro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 805 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212